Victoria Piñeiro
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 20 de outubro de 1983 (41 anos) Cangas, España |
Actividade | |
Ocupación | remeira |
Deporte | remo |
María Victoria Piñeiro, nada en Cangas en 1984, é unha remeira galega.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Victoria Piñeiro iniciouse na práctica deportiva no piragüismo, no club CM Ría de Aldán e despois no CM Breogán do Grove.[1] Posteriormente pasouse ao remo competindo tanto en banco fixo como en banco móbil no CR Mecos. Como remeira fichou polo SD Astillero, un club cántabro desta especialidade, onde competiu en diversas probas tanto no equipo feminino como no masculino, neste caso no posto de temoeira. Precisamente o feito de competir como temoeira nun equipo masculino foi o que lle deu transcendencia, posto que a súa participación foi prohibida[2] pola Federación Española de Remo en competicións oficiais.
Palmarés
[editar | editar a fonte]- Campioa de Cantabria en batel e en traiñeira absolutas femininas (2008).
- Subcampioa de España en batel absoluto feminino (2008).
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "En otros países este problema está superado", La Opinión de A Coruña, 28/5/08.
- ↑ "Una canguesa se queda fuera del Campeonato de España por ser mujer" Arquivado 31 de maio de 2008 en Wayback Machine., Faro de Vigo, 29.5.08